O Colectivo Vigués “Memoria do 36” convoca este próximo 27 de setembro ás 18 horas no cemiterio de Pereiro ao acto homenaxe dos compañeiros asasinado pola ditadura franquista. Ao mesmo tempo solicitamos que os responsables dos mesmos, sexan imputados como responsables de delitos de lesa humanidade no marco do xenocidio cometido durante os seus corenta anos de terrorismo de Estado.
Tanto no 36, como en 1975, como nestes días, a loita pola autentica democracia e os dereitos humanos e políticos continua. Mentres se siga torturando, se ilegalicen partidos políticos e néguese o dereito de autodeterminación dos pobos, correspóndenos o deber moral e político de seguir movilizando a todos os demócratas co fin de construír unha sociedade mais libre, mais xusta e máis democrática.
Pola memoria dos nosos mártires asasinados o 27 de setembro de 1975.
Pola imputación como xenocidas dos responsables daqueles feitos realizados.
Contra a ilegalización de partidos políticos. Que lonxe dar unha solución, aumenta o rexeitamento e a violencia en Euskadi, onde miles de cidadáns deste país votaron por estas formacións políticas.
Pola derrogación da lei de partidos políticos.
Contra a tortura sistemática de militantes políticos (que viola a lexislación internacional).
Pola aplicación urxente da lei da Memoria histórica.
José Miguel Gómez
Presidente
Lois Pérez Leira
Coordinador
No hay comentarios:
Publicar un comentario