Homenaxe aos mártires do 27 de setembro.

O Colectivo Vigués “Memoria do 36” convoca este próximo 27 de setembro ás 18 horas no cemiterio de Pereiro ao acto homenaxe dos compañeiros asasinado pola ditadura franquista. Ao mesmo tempo solicitamos que os responsables dos mesmos, sexan imputados como responsables de delitos de lesa humanidade no marco do xenocidio cometido durante os seus corenta anos de terrorismo de Estado.


Tanto no 36, como en 1975, como nestes días, a loita pola autentica democracia e os dereitos humanos e políticos continua. Mentres se siga torturando, se ilegalicen partidos políticos e néguese o dereito de autodeterminación dos pobos, correspóndenos o deber moral e político de seguir movilizando a todos os demócratas co fin de construír unha sociedade mais libre, mais xusta e máis democrática.



Pola memoria dos nosos mártires asasinados o 27 de setembro de 1975.



Pola imputación como xenocidas dos responsables daqueles feitos realizados.



Contra a ilegalización de partidos políticos. Que lonxe dar unha solución, aumenta o rexeitamento e a violencia en Euskadi, onde miles de cidadáns deste país votaron por estas formacións políticas.



Pola derrogación da lei de partidos políticos.



Contra a tortura sistemática de militantes políticos (que viola a lexislación internacional).



Pola aplicación urxente da lei da Memoria histórica.


José Miguel Gómez

Presidente
Lois Pérez Leira

Coordinador

Baltasar Garzón: Investigación delitos de xenocidio.

A apertura de investigación por parte da Audiencia Nacional en relación ás victimas da guerra civil en caso de ser aceptado pola xustiza española pode xerar un envorco histórico na loita contra a impunidade.

A pesar das voces que indican que existiu unha amnistía ou os responsables dos crimenes cometidos xa están falecidos os crimenes de xenocidio e desaparición de persoas non prescriben. Aínda que non se pode realizar unha acción penal pola ausencia dos victimarios, se se pode actuar na acción civil. Sendo os seus herdeiros como sinala a lexislación española responsables no caso de que os seus familiares enriquecéronse a través dos crimes cometidos.

En Vigo por exemplo tras a morte do Primeiro Alcalde republicano don Enrique Blein Budiño, as propiedades que tenia na rúa Carral (hoxe edificio do Pub Manteiga) existía unha ferraxería da súa propiedade que daba ata a rúa Fermin Penzol.

Esta propiedade foi confiscada polas autoridades fascista, para logo pasar a nome doutros propietarios como sinalou a filla deste alcalde a señora Blein.

Co fin de poder colaborar co xuíz Baltasar Garzón habilitamos un teléfono de contacto:

00 34 685 103239 para realizar unha listaxe completa das victimas viguesas e ao mesmo tempo recibir as denuncias sobre fosa comúns ou expropiacións de propiedades.

COMPLEMENTO DE INFORMACIÓN:

Ante a decisión do Xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón de investigar os crimenes e desaparecidos españois durante a guerra civil o Colectivo Vigués “Memoria do 36” sinala:

Que aínda que durante a guerra civil centos de miles de persoas foron victimas de accións de terrorismo de Estado no territorio español, contra os simpatizantes da Fronte Popular, en Galicia non existiu esta guerra, xa que desde o propio día 19 de xullo de 1936 a maior parte da xeografía galega quedo en mans das forzas fascistas.

En Galicia como característica singular cometéronse delitos que poden catalogarse como de “lesa humanidade”, estes delitos se tipifican como delitos de “xenocidio”. Estes delitos están claramente recollidos na lexislación internacional. En Galicia calculase en ducias de miles de (30.000) asasinados, mentras que en Vigo calculase en 2.500 as vitimas.

A palabra xenocidio foi creada por Raphael Lemkin, xudeu de Polonia, en 1944, das raíces genos (termo grego que significa familia, tribo ou raza) e -cidio (do latín -cidere, forma combinatoria de caedere, matar). Lemkin quería referirse con este termo ás matanzas por motivos raciais, nacionais ou relixiosos. Loitou para que as normas internacionais definisen e prohibisen o xenocidio.

O Acordo ou Carta de Londres de 8 de agosto de 1945, que estableceu o Estatuto do Tribunal de Nuremberg, definiu como 'crimes contra a humanidade' os asasinatos e outras agresións contra calquera poboación civil ou as persecucións por motivos políticos, raciais ou relixiosos. En 1946, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas confirmou os principios de Dereito internacional recoñecidos polo Estatuto do Tribunal e proclamou a resolución 96 (I) sobre o crime de xenocidio, que define como 'unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros', entre eles os 'raciais, relixiosos ou políticos', instando a tomar as medidas necesarias para a prevención e sanción deste crime.

Esta resolución cristalizou na Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións

Esa definición é similar á reflectida na Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio, de 1948, e recollida no Estatuto da Corte Penal Internacional, de 1998, pero é obxecto de certa polémica en tanto aos grupos e ás accións infligidas como ás causas polas que levan a cabo.

José Miguel Gómez
Presidente
Lois Pérez Leira
Coordenador

Blein Budiño, Enrique. Socialista. Primeiro alcalde da Segunda República en Vigo. Era dono dunha ferretería na rúa Carral nº 3. Tanto os seu negocio como a sua casa foron incautados polos feixistas.. O seu pai, Primitivo Blein Costas foi alcalde tamén na I República. Tiña cáncer de garganta, que agravouse por ter que andar fuxido. Morreu sen asistencia médica no Hospital municipal, tras ser detido en Gondomar polo “Rabioso”, que o día seguinte do rexistro feito polo tenente Santos, roubou tódolos libros que tiña na súa casa. Blein o destituíra cando fora alcalde: un claro caso de vinganza. Un dos que o detiveron foi o futbolista Nolete. Blein era patrocinador do Celta. Cando estaba fuxido, os seus fillos foron acollidos na casa de Echegaray.
(Fonte: Julia Blein Corral)